Torre de Hércules, Luz da Humanidade
Máis de 900 escolares participaron no proxecto de dinamización turística “O vagalume da Torre”
O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, acompañou os nenos e as nenas do CEIP Curros Enríquez participantes nos talleres incluídos no proxecto “O vagalume da Torre” no marco da Escola-Taller Contorna Torre de Hércules, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego [...]
Redacción. O pasado 4 de febreiro, os expertos do Grupo Vagalume convencen ós membros de “Y si no de qué” de que temos que valora-la Torre e conseguir que volva.
Escoita o programa
Redacción. O pasado 1 de febreiro, membros do Grupo Vagalume explicaron a desaparición da Torre de Hércules no programa “Desinformativo” de CUAC FM. Nave desinformativa que conduce o Sr. Ozzy dende o monte da Zapateira para o mundo acompañado polo Sr. Garou, o Sr. Yeiko e mailo Sr. Blue.
Escoita o programa.
Redacción. O programa Periscópicos de CUAC FM fíxose eco da desapación da Torre de Hércules por parte de Bodegas Copperfield.
Enlace con Periscópicos
Redacción. Dende o CEIP Raquel Camacho (ver artigo) fan un chamamento para que se faga un espazo para os rapeiros, así que xa sabedes, se tedes un RAP sobre a desaparicón da Torre de Hércules, escribídeo no blog. O Rap, moito máis que verbas, poesía urbán.
Redacción. As investigacións dos alumnos e alumnas do Sanjurjo de Carricarte din a Torre non desapareceu, senón que viron nun concerto dos Jonas Brothers xunto con outros monumentos.
De todas formas, convocan una tarde festa na contorna da Torre de Hércules para bailar pola Torre de Hércules.
Cada día al levantar
una noche al pensar
la guía de barcos comenzar
es un faro romano
elemento de unión hermano
de lazos de uniones
de obras de razones
es nuestro pensar
nuestro acabar
es nuestra gran Torre
la ilusión nunca borre
Guía marítima confinada en su escondrijo
con vida sin lugar fijo
territorio y tierra conjunto escultórico
entorno único categórico
lugar de vida en sí misma
construcción semejante a un [...]
Redacción. Un alumno do CEIP Curros Enríquez, no seu artigo “Torre de Hércules: desaparecida”, propoñe facer carteles pedíndolle á Torre que volva á cidade. Moitos negocios da cidade acordan colocar estes carteis nos seus establecementos.
Redacción. Existe un sentimento común entre todos os rapaces e rapazas que están a protagoniza-lo movemento pola recuperación da Torre de Hércules. Ese sentimento é o que sinálase no artigo “La desaparición de la Torre“, e é que “non apreciamos o que temos, ata que o perdemos”.