Participa no blog

¿Qué pasaría se desaparecese a Torre de Hércules?

O programa “O Vagalume da Torre” desenvólvese no marco da Escola-Obradorio Contorna Torre de Hércules e é un proxecto orixinal de dinamización turística desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concella da Coruña, o artista Raúl Velloso e Atendo Formación e Investigación SL.

ESCOLA OBRADOIRO

“CONTORNA TORRE DE HÉRCULES”

As escolas obradoiro están enmarcadas dentro dos chamados programas de formación – emprego, teñen por finalidade esencial proporcionar a cualificación e maila experiencia profesional necesaria aos desempregados/as menores de 25 anos, impulsando e dándolle prioridade á participación de determinados colectivos que presentan notables dificultades de acceso a un posto de traballo, por medio da combinación de actividades formativas de carácter ocupacional e a execución dun traballo real, efectivo e retribuído, co obxectivo de que o seu posterior acceso ao mercado laboral teña lugar coas garantías suficientes de atopar un posto de traballo tanto por conta propia como por conta allea. Esta formación desenvólvese a través dunha verdadeira actividade laboral mediante a que os alumnos/as – traballadores/as adquiren e aplican as ensinanzas recibidas, ata acadar as habilidades e destrezas propias das especialidades ás que están adscritos, que neste caso concreto son Xardinaría, Cachotaría, Carpintaría e Axente de Desenvolvemento Turístico. Xunto con estas actividades formativas, de contido estritamente profesional, ofréceselles aos alumnos/as – traballadores/as a posibilidade de incrementar a súa formación noutras áreas de coñecemento como: Iniciación á Informática(30 h), Prevención de Riscos (50 h), Módulo de Igualdade (16 h), Módulo de Medio Ambiente (9 h), etc. A formación complétase con clases  de Xestión Empresarial e con clases específicas para aquel alumnado que carece de titulación académica algunha.

A duración da Escola Obradoiro “Contorna Torre de Hércules” é dun ano e medio, do 15 de setembro de 2008 ao 14 de marzo de 2010, repartido en dúas fases:

  • Fase Formativa de 6 meses de duración, na que os/as alumnos/as, que reunían as condicións requiridas, recibiron unha beca de transporte. Os/as alumnos/as que superaron satisfactoriamente esta primeira Fase, pasaron á Fase en Alternancia.
  • Fase en Alternancia co traballo, dun ano de duración, repartido en dous períodos de 6 meses. Ao longo desta Fase, os participantes pasaron a ser alumnos/as – traballadores/as, xa que o Excmo. Concello da Coruña estableceu con eles unha relación laboral a través da modalidade de Contrato para a Formación.

Na actualidade, a Escola Obradoiro “Contorna Torre de Hércules” atópase no segundo período da fase en Alternancia.

O proxecto de Escola Obradoiro “Contorna Torre de Hércules” foi promovido polo Excmo. Concello da Coruña, que actúa como entidade promotora, financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

O proxecto “Contorna Torre de Hércules” consiste na recuperación medioambiental da contorna da Torre de Hércules.

Dentro do proxecto preséntanse dúas zonas claramente diferenciadas. Por unha banda atopámonos coa zona do “Campo da Lagoa”, a carón da praia das Lapas e por outra banda sitúase o parque de Punta Herminia.

Podemos diferenciar dous xeitos de actuación:

  • Acondicionamento medioambiental do “Campo da Lagoa”
  • Mellora medioambiental do “Parque de Punta Herminia”

A primeira actuación desenvólvese no “Campo da Lagoa”, con actuacións encamiñadas a consolidar as condicións paisaxísticas da contorna natural.

Na segunda zona de actuación  “Parque de Punta Herminia” realizaranse melloras que completen a contorna da Torre de Hércules.

PARTICIPA NO BLOG

Para participar no noso blog podes:

1. Comenta-los diferentes artigos directamente.

2. Entrar no rexistro do panel de administración e elixir o teu nome de usuario. Enviaráseche un contrasinal ó teu correo electrónico para que podas accede-la aplicación de Word Press e co teu nome de usuario e o teu contrasinal, poderás escribir artículos ou comentalos.

3. Se o prefires, tamén podes mandarnos un e-mail a nosa dirección ovagalumedatorre@gmail.com

P.D. Non te preocupes se non aparece o que escribes directamente. Todo o que envíes ten que ser aceptado polo equipo pedagóxico de xestió n de O Vagalume da Torre.


12 Respostas to “Participa no blog”

  1. Vagalume
    Febreiro 1st, 2010 at 13:38

    todo gustoume moito

  2. Vagalume
    Febreiro 1st, 2010 at 13:38

    Gustaronme moito.

  3. NEREA TEJEIRO CAMPANA
    Febreiro 1st, 2010 at 13:38

    ke guay ke todos os dias ke me deran de xantar

  4. Marta
    Febreiro 1st, 2010 at 21:09

    Gústame moito este blog. As persoas que viñeron a ensiñarmo no cole eran mooi simpáticas.
    Bueno, moitos bicos

  5. J&J
    Febreiro 2nd, 2010 at 10:03

    Querida Torre
    queremosche aquí
    se estás connosco
    iremos a ti.

  6. Vagalume
    Febreiro 3rd, 2010 at 10:53

    hhhhhhhhhhhhhhhhoooooooooooooooooolllllllllllllllllllaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

  7. daniel gordido (colegio jose cornide saavedra)
    Febreiro 4th, 2010 at 17:45

    Se a Torre desaparecera algunha xente estaria moi triste,e os barcos afundirianse.

  8. Santiago
    Febreiro 5th, 2010 at 16:31

    Se non houbese torre habería moitas repercusións de moitos tipos como maritimos, deportivos, sociais …

  9. C.E.I.P. Alborada|Paula González
    Febreiro 9th, 2010 at 14:34

    É verdade, os “monitores” dos talleres eran moi simpáticos e non deixaban de sorrir. Gustaríame que viñesen tódolos anos a escolas e institutos, xa que eu, para o ano, vou para o instituto.

    Grazas ao Vagalume da Torre polos talleres!!!

    Paula González

  10. C.E.I.P. Alborada|Brais González
    Febreiro 9th, 2010 at 14:38

    Ola, oxalá podarades vir a miña clase para que nós poidamos facer os talleres tamén. Vou en 3º A de primaria.
    E se pode ser antes mellor.

    Grazas.
    Adeus.

    Brais

  11. antia freire lopez
    Febreiro 16th, 2010 at 16:00

    si,seria genial :d

  12. Enlickek-online
    Marzo 8th, 2010 at 11:22

    Si, probablemente lo sea

Deixa unha resposta

Debes iniciar sesión do usuario para deixar comentarios.

Visitas al blog

  • 0Visitors today:
  • 3406Total visitors:

Calendario

Setembro 2010
L M M X V S D
« Mar    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930