Máis de 900 escolares participaron no proxecto de dinamización turística “O vagalume da Torre”

Proxecto de dinamización

O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, acompañou os nenos e as nenas do CEIP Curros Enríquez participantes nos talleres incluídos no proxecto “O vagalume da Torre” no marco da Escola-Taller Contorna Torre de Hércules, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello da Coruña. Que pasaría na cidade se desaparecese a Torre de Hércules? Partindo desta ficción, “O vagalume da Torre” é un programa de participación social no que os nenos e nenas de 6º de primaria de todos os colexios da Coruña serán protagonistas na recuperación da nosa Torre con talleres de pintura e chapeus, convocatorias de mail-art e participando como xornalistas no blog http://ovagalumedatorre.es

Páxina do Concello 1

Páxina do concello 2

Turismo da Coruña

La Voz de Galicia

La Opinión A Coruña

Xornal de Galicia

Diario A Coruña